Oscar Fern�ndez novo director t�cnico da delegaci�n de Vigo

Óscar Fernández ven de ser nomeado Director técnico da Delegación de Vigo. Cunha andaina de 32 anos no mundo do atletismo, aporta grandes coñecementos e experiencia que abranguen diversas facetas. Acadou cinco títulos de campión de España en obstáculos e fondo principalmente, e sumou preseas no cross, e noutras competicións por equipos. Foi adestrador dun grupo de atletas entre os que estaban Gustavo Nieves, Rocío Vicente, Roberto Esperón ou J. Antonio Vallejo, que competiron en campionatos de España.
Colabora activamente en varias publicacións: Atletismo Español(a revista da RFEA), revista Runners, martiperarnau, foroatletismo.com, e Novas da Galiza. Mesmo comentou a Diamond League para Canal +, traballou en retransmisións da TVG e segue de comentarista para Radio Marca. Coma historiador, conta cun traballo inédito sobre as atletas da II República. Na actualidade tamén adestra un grupo de atletas do clube Sociedad Atlética Val Miñor (información e foto delegación de Vigo).

Dende a Federación Galega queremos agradecer o traballo do anterior director técnico Hipólito Sousa

Compartir: