Resultados

Hassan Lekhili e Leticia Fernández vencedores no XXXVI Memorial Belarmino Alonso

Nunha mañá con boa temperatura celebrouse a XXXVI Memorial Belarmino Alonso de Campo a través organizado polo club Comesaña Sporting. Hassan Lekhili do Ourenrunning e Leticia Fernández do Ría Ferrol foron os vencedores absolutos sobre unha distancia aproximada de 8.900 e 6000, respectivamente. Na carreira conxunta de juniors e xuvenis, os millores juniors foron Adrián Ben do Lucus e Angela González do Comesaña, dous dos atletas galegos con maior proxección e Jorge Puig da SGP e Aída Martínez do C.A. Tui os vencedores na categoría xuvenil. Manuel Iglesias (Vila de Cangas) e Arantxa Pérez (Ourense Atletismo) en cadetes, El Medhi El Nabaoui (C.D. San Paio) e Sara Lima (Beade) en infantis e Sergio Souto (S. A. Val Miñor) e Carolina Santos (SGP) en alevíns foron os vencedores nas suas respectivas categorías. Resultados

Fotos: Flor Currás

Compartir: