Resultados

Campionato Galego de Marcha en Pista

Como xa ven sendo habitual o Campionato Galego de marcha en pista deu o pistoletazo de saída ós campionatos da tempada 2014-2015. Nunha mañá con boas condicións climatolóxicas as pistas da Universidade de Elviña acolleron a competición que tiña como novidade a incorporación do sistema pit-lane co obxectivo de diminuir as descalificacións. Fran Durán, esta tempada no Lucus e Antía Chamosa, do Comesaña foron os vencedores absolutos na proba dos 5000, sendo tamén os campións na sua categoría promesa e xuvenil respectivamente. Os outros campións galegos foron Frans de Roo (Olímpico de Vedra) e Xela Martínez (Atlética Lucense) en benxamín sobre unha distancia de 1000m, Denis Fernández do Vila de Cangas e Mariña Peixoto da Atlética Lucense nos 2000 alevíns e Hugo Martínez dos Franciscanos de Lugo e Ainhoa Vázquez do Beade nos 3000 infantis; sobre a mesma distancia os campeóns galegos cadetes foron Alex Novás e Iria Rivas ámbolos dous do Atletismo Cuntis. Completaron os vencedores, Emilio Novás en xuvenil e Daniel Chamosa en junior, os dous do Comesaña en homes e Antía Chamosa, do Comesaña en xuvenil, María Abeledo do C.A. Narón en Junior e Rocío Carbia do Atletismo Femenino Celta en mulleres.

Compartir: