O Club Ria de Ferrol pon en marcha o I Campus de Nadal, para que os nenos
disfrunten do atletismo nestas vacacións Do Nadal
A actividade celebrarase durante os dias:
Semana 1: 22,23,24 e 26 Decembro
Semana 2: 29,30,31 Decembro e 2 Xaneiro
A actividade vai dirixida a nenas e nenos nacidos entre os anos 2002-2008, ambos os dous inclusive. O lugar será as Pistas Municipais de Atletismo da Malata en horario de 9:00 da mañá a 14:00 da
tarde
O obxectivo deste campus é que os nenos se divirtan e inicien na práctica do atletismo nas súas diferentes modalidades, así como fomentar o compañeirismo e a deportividade. Durante o horario do
campus dedicarase tempo ás diferentes modalidades do Atletismo: Saltos, Lanzamentos, Carreiras e Relevos, así como a xogos tradicionais
Para formalizar a inscrición é obrigatorio realizar os seguintes pasos
Preincribirse aquí: [ Preinscrición )
Entregar a Folla de inscrición xunto co importe correspondente nas Pistas da Malata dende o 17 Novembro ata o 17 Decembro, horario de 18:00 a 19:30. [ Folla de Inscrición ]