Amplia participación galega no XI Cross Internacional de Atapuerca donde os millores resultados viñeron da man dos atletas xuvenis do Lucus Miguel González e Adrián Ben, primeiro e segundo respectivamente na sua categoría. Bos resultados tamén de Uxía Pérez, esta tempada no Playas de Castellón e Angela González do Comesaña en junior e das cadetes da Atlética Lucense Iria Causin e Elba Vélez nos postos 21 e 25. Na proba absoluta os millores galegos foron Manuel Hurtado do New Balance (44º) e Leticia Fernández do Ría Ferrol (41º).