Resultados

Cambios de clubs para a tempada 2014-2015

Iniciase unha nova tempada e algúns dos atletas con resultados mais destacados na pasada cambian de club. Salientamos alguns de eles: Ana Peleteiro que o ano pasado defendía as cores do Barcelona vestirá a camisola do ADIDAS e será outra das nosas atletas con maior proxección, Saleta Fernández quen defenderá as cores do Barcelona. Tamén Solange Pereira despois de uns anos no Bikila fichou polo Valencia co obxetivo de disputar así algunhas probas internacionais de clubs. Outros cambios en mulleres son a volta de Eva Arias ó ADAS, Chus Gestido á Vila de Cangas e a campeona de España de marcha Carmen Escariz ó Bidezabal. Entre os homes salientar a fichaje de Alejandro Fernández e Akka Essaadaoui polo 3&Run Pedro Nimo Corredores, o marchador Fran Durán polo Lucus Caixa Rural, David Barreira polo A.D. Maratón e Victor Riobo polo C. A. Santiago. Destacar tamén que os clubs con mais reforzos para a presente tempada son o Atletismo Femenino Celta cas altas de Yolanda Gutierrez, Virginia Villar, Rocío Carbia, Aitana Leguiçano e Jenny Fernández entre outras. Tamén o Comesaña conta con caras novas coma Tomás Ocaña, Smail Laaribi ou Eva Cid. Dende a FGA desexamos sorte a tódos eles.

Compartir: