Resultados

Intensa e longa reunión da Xunta Directiva e Comisión Delegada da FGA

No día de hoxe tivo lugar en A Coruña unha xuntanza da Xunta Directiva e Comisión Delegada da FGA. A reunión con comezo ás 10:45 horas prolongouse ata as 15:15 horas. Nela aprobáronse numerosos puntos do orde do día entre os que cabe salientar: a normativa de licenzas 2014/15 (mantendo as cuotas do presente tempada, con excepción das cuotas de atletas independentes que sufren unha baixada), a normativa de carreiras populares na que salientamos a campaña de captación de novas probas populares con importantes descontos para os organizadores, tamén salientar neste apartado que dende o 1 de novembro todas as probas gozarán dun desconto do 10%, tamén aprobouse os records galegos establecidos ata a data, os orzamentos, e outros documentos. A reunión contou cunha importante afluencia de membros da Xunta de Goberno e con poucas ausencias xustificadas.

Compartir: