Resultados

Claras opcións de medallas no LXIII Campionato de España Juvenil con amplia participación galega

Cincuenta atletas compoñen a representación galega que participará o vindeiro fin de semana en Valladolid no Campionato de España Xuvenil, antesala do campionato absoluto. En homes estarán nos 100m, Dario Costas da SGP que participará tamén na altura, os atletas do Riazor Javier García (tamén no 200) e Francisco Rodriguez e Nacho Rivas, do C.A Santiago. Nos 400 claras opción para Alfonso Pérez (SGP) donde estarán tamén Hector Rivas (Ría Ferrol), Pedro Juncal (R.C. Celta) e Gabriel Rodriguez (Riazor). Nas duas voltas á pista Jorge Puig (SGP), Sergio Rodríguez e Noel Soto, os dous do Ría Ferrol, son os nosos representantes. Ivo Maseda (ADAS), Tariku Novales (Atletismo Noia) e Adrián Lago (Comesaña) loitarán polas medallas nos 1500 así como Miguel González (Lucus) nos 3000. Nos obstáculos ademais de Adrián Ben (Lucus) estará Iván Manso (ADAS). Xosé Manuel Fernández (R.C. Celta) e Damián Picouto (Ourense Atletismo) nos 400 valados, Fernando Rabade (R.C.Celta) na lonxitude, Kevin Fernández (ADAS), Michinel (Coruña Comarca) na xavalina e Gonzalo Brotons (San Narciso) e Victor Pérez (R.C.Celta) no martelo e finalmente, os marchadores do Comesaña Emilio Novas e Dani Chamosa completan a representación masculina. Xa nas mulleres, Noelia Graña (Vila de Cangas, tamén nos 200) e Xiana González (Atlética Lucense) participarán nos 100, Laura Chapela do Atletismo Femenino Celta nos 200, nos 400 estarán Paula Iglesias (Riazor, inscrita tamén nos 400valados e altura) e Lia Lois (Marineda), unha das grandes favoritas a subir o mais alto do podium será Angela González (Comesaña) nos 800 quen estará acompañada por Laura Santos (Barbanza) . No 1500, Laura Méndez (Atlética Val Miñor). Nos obstáculos estará Ana García (ADAS) loitando tamén polas medallas. Uxía Pérez do Atletismo Tui outra das grandes favoritas nos 3000. Tamén a ferrolana Claudia Rojo estará loitando por un novo título nos 400 valados na que tamén estará na liña de saída Nerea Martínez do Lucus. Nos concursos, opcións de campionato para Saleta Fernández (Ría Ferrol) na altura na que tamén participará Alexia Vidal (Vila de Cangas), Elvira Okutu (SGP) na lonxitude, María Rodríguez do Afflelou Narón no peso e disco, Eva Doporto (ADAS) no martelo, Laura Meira (Vila de Cangas) na xavalina e por último, as marchadoras do Comesaña Carmen Escariz e Carmen Fuentes e María Abeledo (Afflelou Narón) completan as inscritas.

Compartir: