O sábado terá lugar a final do Campionato de España de Clubes na que está todo por decidir e na que estarán presentes seis equipos galegos con diferentes obxectivos cada un de eles. Así na División de Honra loitaran pola permanencia a Sociedad Gimnástica de Pontevedra en homes nas Pistas Purificación Santamarta de Burgos mentras que as mulleres do Ria Ferrol farán o mesmo no Estadio Landako de Durango. Este será o mesmo escenario en que os homes do Afflelou Narón e os do R.C. Celta intentarán loitar polo ascenso. Asemade, o Atletismo Femenino Celta loitará no Polideportivo da Luz en Tres Cantos por estar a vindeira tempada na División de Honra. Finalmente, as mulleres do Lucus Caixa Rural participarán co obxectivo de conseguir un ano mais estar na primeira división.