Prato forte en Pontevedra no comezo de Liga

Esta fin de semana dará comezo o Campionato de España de Liga nas categorías Honra e Primeira División para os cinco conxuntos galegos (tres femininos e masculinos) que os levarán a competir xunto a un total de 32 conxuntos, en tres xornadas ligueiras na procura das máximas aspiracións posibles.
Na máxima categoría de clubs se atopa o único representante galego, o conxunto masculino da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, quen viaxa ata Albacete para encarar un primeiro cuadrangular que os enfrontará a Unicaja Jaén, UCAM Cartagena e os locais do Atletismo Albacete. Logo dun excelente ano 2024 na que os pontevedreses lograban clasificarse para a fase de loita polo título, os obxectivos pasan por consolidar esa posición e mesmo mellorar o resultado obtido. Para elo terá que arrincar con forza esta primeira xornada na que a priori o Unicaja parece salir como favorito.
Primeira División
Na Primeira División contaremos ca participación dun total de cinco equipos galegos.
Na categoría feminina estarán tomando parte o Ría Ferrol, Celta Atletismo e Sociedad Gimnástica que os levarán este sábado ata as pistas do CGTD de Pontevedra para tomar parte nun primeiro enfrontamento directo xunto ao conxunto madrileño da A.D. Sprint. Prato forte e incerto en canto a resultados para esta xornada, onde os catro conxuntos en liza medirán forzas de cara a evaliar os seus obxectivos neste 2025. Como dato, os catro pecharon o 2024 con serias opcións de ascenso, polo que a loita e emoción está servida.
Na categoría masculina, serán célticos e naroneses quenes debuten este 2025 en escenarios distintos. Por unha banda, o Celta presumiblemente estará na loita directa polo ascenso como xa fixera nas dúas últimas campañas nas que a piques estivo de conseguilo. Nesta primeira xornada viaxará ata Salamanca para enfrontarse ao recén ascendido At. Badajoz e Atletismo Alcorcón quenes xunto aos locais do At. Salamanca, principal rival, forman esta fase.
Algo máis preto estará o Atletismo narón, que acude ata Asturias para competir nas pistas xixonesas de Las Mestas xunto ao Universidade de Oviedo e os equipos vascos do Hiru-Herri e Durango Kirol. A priori, complicado encontro para os azulóns, que terán como principal obxectivo evitar o último posto do mesmo.
Sistema de competición
O sistema de competición este 2025 desenvólvese en tres xornadas ao aire libre en xornada de tarde. Nas dúas primeiras xornadas (26/27 de abril e 24/25 de maio) os equipos distribuiranse en catro encontros cuadrangulares a dous atletas por proba, clasificándose segundo os resultados destas dúas xornadas, para a terceira xornada final en dous encontros octogonais dos oito mellores equipos clasificados tanto de Honra como de Primeira. Deses encontros sairán ( a un só atleta por proba) os campións de Liga en Honra e os campións de Primeira División, que no último caso ademáis, acadarán o ascendo directo a Honra quenes rematen nos dous primeiros postos. A cita será en Soria o vindeiro 14 e 15 de xuño.