Saltar ao contido
Campionato Internacional

Ester Navarrete, campioa de Europa por países

Novo éxito internacional para unha das nosas máis importantes atletas galegas da actualidade.

Acontecía esta fin de semana durante o transcurso do campionato de europa de Ruta a onde acudía  Ester Navarrete para tomar parte na proba de maratón xunto ao resto do equipo formado por Fatima Ouhaddou e Majida Maayouf.

Moitas eran as esperanzas depositadas neste equipo que por rexistros, aspiraba a ocupar un dos potos de honra do campionato ainda que o gran actuación protagonizada polas tres atletas, superaba as máis optimistas previsións.

Ás 10:15 dábase a saída á proba na que pronto se formaba un grupo dianteiro dunha vintena de atletas con todas as favoritas, sobre todo a israelí Salpeter (medallista mundial e campioa europea de 10.000m) e as tres españolas moi ben colocadas e visibles nese grupo. Así foron pasando xuntas os pasos polo km 5 (17:27) e km 10 (35:08) e para o km 15 Maayouf deixouse ver na cabeza e mesmo tirando nalgúns tramos pasándoo en 51:57, con Ouhaddou moi preto por detrás a poucos segundos e xa algo máis atrasada Ester Navarrete

Pouco antes do km 25, no paso polo avituallamiento, prodúcese o tropezo de Fátima que afortunadamente non tivo maiores consecuencias e que precisamente sería aproveitado, xa no km 38,  para dar un forte cambio de ritmo ao que só puido responder Majida e que conducirían ás dúas españolas ata as fantásticas primeira e segunda posición da clasificación xeral. A algo máis de dous  minutos e medio da gañadora, entraba unha extraordinaría Ester Navarrete na sétima posicion da xeral e cuxa clasificacion sumada, daban a España o título de campioa de Europa por equipos nunha edición que xa forma parte da historia do atletismo español.

Compartir