Saltar ao contido
Selección Galega

Eivissa agarda esta fin de semana á Selección Galega de TR

Esta fin de semana a Selección Galega de Trail Running acudirá a Eivissa a tomar parte no Campionato de España por Federacións autonómicas onde se darán cita practicamente todas as seleccións na procura dun bo resultado.

A nosa selección acude cun total de 21 atletas que competirán nas categorías Absolutas, Sub23 e Promoción ca intención de mellorar o metal de bronce e os tres postos de finalistas logrados na pasada edición desenvolta en Murcia.

Ao fronte das mesmas e liderando a expedición masculina, se atopa o campión Galego absoluto deste ano Alexandre Otero do S.D. Barbantia Roda, quen ademáis encabeza a clasificación do ranking autonómico. Xunto ao mesmo, tamén estará tomando parte a campioa galega absoluta da presente edición María Platero que compartirá protagonismo ca lider do ranking anual Rosa María Araujo do Burgas Ourense.

No restro de categorías, compre destacar entre outros a presenza dos campións galegos e galegas  Eva Formoso do Triki Team na Sub18;  Eloy Martínez na Sub20 de carreiras de montaña; Rubén Insúa do A.D. Olímpia na absoluta de vertical; Brais García do Lucus Caixa Rural na Sub20 de vertical; Julia Salvado SD Compostela na Sub20 de montaña e vertical e de Hugo García do A. Portugalete, campión galego Sub23 e lider do ranking autonómico da súa categoría.

Participación de atletas internacionais

A base deste selección e a mistura das novas incorporacións, como a do o lucense Alex Iglesia, con a veteranía e calidade do restro de integrantes, entre os que se atopan varios atletas internacionais do noso atletismo. Entre elas a Sub20 e participante no Campionato do Mundo e europeo de cross do ano pasado Emma Méndez da Atlética Lucense quen acudirá xunto a súa compañeira de club Sandra González, a cal lograba o pasado 2024 nada menos que proclamarse por equipos campioa do mundo.

Por parte masculina, o subcampión do mundo máster en carreiras de montaña Federico Losada, será outro dos internacionais que estará defendendo os intereses galegos sobre o circuito balear.

Compartir