Os XOGADE toman a pista

A principios deste mes daba comezo a actividade XOGADE de aire libre para este 2025 na que se agarda que milleiros de nenas e nenos de máis dun cento de clubs, colexios e agrupacións deportivas, tomen parte.
Logo da éxitosa tempada de campo a través que tería a súa gran final no Concello de Poio o pasado 11 de xaneiro, arrincaban a principaios do mes de marzo as primeiras xornadas de pista ao aire libre que contarán cun total de trinta e sete xornadas distribuidas ao longo dos meses de marzo, abril, maio e xuño polos concellos de Santiago, Lugo, Cervo, Ourense, O Barco, Ferrol, A Pobra, Pereiro de Aguiar, Vigo, Pontevedra e A Estrada.
A diferencia do campo a través, nesta fase de aire libre, non haberá unha última xornada de campionato galego, rematando as probas cas distintas fases finais provinciais.
Filosofía dos Xogade
Xogade (Xogos Galegos Deportivos en idade escolar) é un programa nado na tempada 2009/10 para dar resposta ao Plan Galicia Saudable da Xunta de Galicia, en colaboración coas federacións e agrupacións deportivas escolares galegas. Máis do 50% dos/as escolares galegos/as de entre 6 e 16 anos gozan da experiencia Xogade, chegando a preto de 150.000 nas últimas tempadas.
Este programa ten como iniciativa levar a actividade a todos os concellos galegos, mentres brinda a todos/as os/as escolares galegos/as a posibilidade de practicar e competir con outros colexios e clubs.
O programa Xogade combina no seu modelo deportivo competición e participación para os/as escolares dos centros educativos de toda Galicia.
Xornadas XOGADE Aire libre 2025
A CORUÑA
- 01/03/2025 – Zona Santiago 2025 – 1ª Xornada – Programa A
- 02/03/2025 – Zona Coruña 2025 – 1ª Xornada – Programa A
- 22/03/2025 – Zona Coruña 2025 – 2ª Xornada – Programa B
- 23/03/2025 – Zona Santiago 2025 – 2ª Xornada – Programa B
- 29/03/2025 – Zona Coruña 2025 – 3ª Xornada – Programa A
- 06/04/2025 – Zona Coruña 2025 – 4ª Xornada – Programa B
- 06/04/2025 – Zona Santiago 2025 – 3ª Xornada – Programa A
- 26/04/2025 – Zona Santiago 2025 – 4ª Xornada – Programa B
- 10/05/2025 – Provincial da Coruña 2025
LUGO
- 23/03/2025 – Zona Lugo 2025 – 1ª Xornada
- 30/03/2025 – Zona Lugo 2025 – 2ª Xornada
- 04/04/2025 – Zona Cervo 2025 – 2ª Xornada
- 06/04/2025 – Zona Lugo 2025 – 3ª Xornada
- 11/04/2025 – Zona Cervo 2025 – 1ª Xornada
- 25/04/2025 – Zona Cervo 2025 – 3ª Xornada
- 27/04/2025 – Zona Lugo 2025 – 4ª Xornada
- 09/05/2025 – Zona Cervo 2025 – 4ª Xornada
- 01/06/2025 – Provincial Lugo 2025
OURENSE
- 22/03/2025 – Zona Ourense 2025 – 1ª Xornada
- 29/03/2025 – Zona Ourense 2025 – 2ª Xornada
- 29/03/2025 – Zona Valdeorras 2025 – 1ª Xornada
- 05/04/2025 – Zona Ourense 2025 – 3ª Xornada
- 05/04/2025 – Zona Valdeorras 2025 – 2ª Xornada
- 26/04/2025 – Zona Ourense 2025 – 4ª Xornada
- 26/04/2025 – Zona Valdeorras 2025 – 3ª Xornada
- 10/05/2025 – Zona Valdeorras 2025 – 4ª Xornada
- 31/05/2025 – Zona Ourense 2025 – Final Provincial
PONTEVEDRA
- 23/03/2025 – Zona Pontevedra 2025 – Programa A
- 29/03/2025 – Zona Vigo 2025 – Programa A
- 30/03/2025 – Zona Pontevedra 2025 – Programa B
- 05/04/2025 – Zona Vigo 2025 – Programa B
- 25/04/2025 – Zona Pontevedra 2025 – Programa AB Benxamín/Alevín
- 27/04/2025 – Zona Pontevedra/Vigo 2025 – Programa AB Infantil
- 09/05/2025 – Zona Vigo 2025 – Programa AB Benxamín/Alevín
- 10/05/2025 – Provincial Pontevedra 2025 – Infantil
- 18/05/2025 – Provincial Pontevedra 2025 – Alevín
- 31/05/2025 – Provincial Pontevedra 2025 – Benxamín