Conta atrás para a terceira edición de “Os 10.000 peregrinos”

No día de hoxe tivo lugar en Santiago de Compostela a presentación da carreira de Os 10000 Peregrinos da Deputación da Coruña que este ano achégase a súa terceira edición e que contou ca asistencia do Presidente da FGA Iván Sanmartín  quen estivo acompañaron polo Presidenta da Deputación, Valentín González Formoso, o deputado de Deportes, Antonio Leira e a concelleira de Deportes de Santiago, Pilar Lueiro.

A proba, organizada pola Deputación da Coruña, en colaboración co Concello de Santiago e Federación Galega, terá lugar o vindeiro día 5 de abril e agarda congregar a varios milleiros de atletas que poderán escoller entre as distintas distancias de 10K, 5K, 2K escolares e andaina de 4K.

O evento, que está incluida no calendario internacional tipo II, conta entre os seus múltiples atractivos, o de poder percorrer as historicas rúas do concello compostelá que terá na Rúa San Francisco a súa saída e meta na milenaria Praza do Obradoiro.

Entre a asistencia de atletas internacionais, ata o momento teñen confirmada a súa participación a finalista olímpica nos Xogos de París Alice Finot, gañadora da edición do ano pasado, e a do biolímpico Adrián Ben, agardándose a incorporación de máis atletas de nivel internacional.

A data límite de inscrición é o día 2 de abril, sendo completamente de balde para todos e todas as participantes.

INSCRICIÓNS

 

Compartir: