Esta semana completaronse os últimos pagos pendentes correspondentes ao capítulo de Axudas a Atletas FGA do ano 2024 que por unha cuantía global de 30.000 € percibiron un total de 85 atletas (45 mulleres e 40 homes) e que desde a presidencia da FGA, se comprometera a ter realizada no primeiro trimestre do ano.
No baremo de méritos dáselle un valor importante á asistencia ca Selección Galega aos seus distintos compromisos tanto de pista como de cross, trail running e combinadas. De igual modo tamén son importante os resultados obtidos tanto en campionatos de España como a a nivel de participación en convocatorias internacionais.
Entre a relación de atletas destaca a presenza dos olímpicos Belén Toimil, Ana Peleteiro, Antía Chamosa, Esther Navarrete, Yulenmis Aguilar, Adrian Ben e Tariku Novales, así como a de outros atletas importantes como Gerson Vidal Izaguirre, Saleta Fernández, Aldara Meilán ou Daniel Chamosa entre outros.