No día de hoxe tivo lugar en Expourense, a presentación do Campionato de España Sub16 indoor que se vai celebrar esta fin de semana e ao que acudiron ademáis do presidente da FGA Iván San Martín, Manuel Pérez, Xefe do Servizo provincial de Deportes da Xunta de Galicia; Anibal Pereira, Concelleiro de Deportes de Ourense; Enrique Álvarez Asesor de Deportes da Deputación de Ourense; Rogelio Martínez, Director de Expourense, Eladio Gómez, Vicepresidente da FGA e Mario González, Director Deportivo de Expourense.
Importantes opcións galegas
A importante nova xeración do atletismo galego, acude a esta cita con 37 atletas e moitas opcións de lograr bos rexistros nunha competición, na que estarán arroupados por unha bancada que novamente se agarda, enche o recinto deportivo.
Entre a lista de participantes galegos figuran nos 60 m. a presenza de Sofia Paz da At. Barbanza e Mateo Refojo do Ríaas Baixas quenes aspiran a ocupar un posto de podio na proba raiña da velocidade curta.
Importantes opcións de podio será as que teña Hugo Zuluaga do At. Sada quen nunha axustada proba dos 600 m. figura como un dos serios aspirantes a medallas ao igual que Alejandro Freire do Coruña Comarca.
Nos 1000 m. contaremos ca presenza do medallista de bronce do ano pasado Xoel Franco do Beade liderando claramente o ranking de España con 2:33.02. Sobre esta mesma proba Ismael Rodríguez de A Gándara será outro dos galegos participantes con aspiracións que terá moito qie decir.
En combinadas, Joel Santana do Celta, lidera o ranking da modalidade sendo o único en superar a barreira dos catro mil puntos. Sen abandoar as combinadas, a tamén celeste Olivia Gutiérrez, intentará mellorar o sexto posto do ano pasado e atacar os postos de podio para o que terá que estar preto dos 3.500 puntos.
Atención á proba dos 3.000 m. na que tomará parte o lucense Enrique García quen parte nos postos importantes da proba ao igual que sobre os 600 m. Lucía Cando da Polideportiva Lucense.
No concurso de triplo, Bruno Castro do Coruña Comarca, que tamén toma parte nos 60 valos, é outra seria posibilidade de podio ao acudir ca segunda mellor marca dos participantes con 13.04 m.
Nos resto de concursos, estaremos moi pendentes ao que fagan tanto Sara Faraldo do At. Sada en altura como a subcampioa de España do ano pasado Sara Caamaño da At. Barbanza en peso
Peche da tempada Indoor
Con este importante campionato péchase a tempada de pista cuberta na nosa comunidade que nos deixaba importantes datos de participación e de asistencia e que evidencia a gran importancia que para o atletismo galego está supoñendo tanto a pista cuberta de Expourense como os módulos de Vigo e Lugo, sen esquecernos da pista cuberta da Coruña que malia os seus anos, continúa sendo escenario de probas e campionatos.
Para comezar foron máis de 45 probas as que se celebraron en Lugo, Vigo e A Coruña, sendo a pista de Expourense quen acollía a gran maioría de todos eles desde que arrincara a tempada no mes de novembro. Desde entón durante todas as fins de semanas, contouse con actividade federada baixo teito, á que se lle suma o resto de modalidades de campo a través, ruta, aire libre e trail running.
Por dar cifras, ao longo destes cinco meses, desenvolveronse na modalidade indoor, un total de dazaseis campionatos de Galicia, vinte controis de atletismo para todas as categorías, duas copa de clubs, un Meeting Internacional, dous campionatos de España (con este que imos celebrar), un trofeo de categorias menores, duas xornadas de promocion e dous trofeos de patrocinio privado (La Región).
Estímase que tan só o número directo de atletas participantes superou amplamente os 8.000 inscritas e inscritas que deixaban un total de 34 novos récords de Galicia destacando sobre todos eles o record do mundo master logrado o pasado febreiro polo atleta Iván Morales na proba dos 3.000 marcha.