Enchenta de medallas e récords dos máster galegos en Antequera

Fantástica colleita a das nosas e nosos máster no Campionato de España indoor desenvolto esta pasada fin de semana nas pistas de Antequera e da que se voltou cun total de 22 ouros, 18 pratas, 13 bronces, 23 finalistas e 15 novos récords galegos
O mais salientable da expedición galega foron os tres títulos de campioa de España lograda por Amalia San Martín do Egovarros de Viveiro quen sobre a categoría máster75 conseguía os ouros nas distancias dos 60 m., 200 m. e 400 m. acadando ademáis, a mellor marca indoor galega dos 60 m. cun rexistro de 11.46
Monse Fernández do At. Sada na categoría F55, voltaba co subcampionato de España nos 60 m. con 8.87 e ca medalla de bronce nos 200 m. cun rexistro de 30.14 representando ambas, novas mellores marcas galegas. Sen abandoar a velocidade, Rosario Sureda do Lucus Caixa Rural estabrecía outra mellor marca sobre a proba dos 200 m. na F60 con 31.05 que lle servían para ocupar o segundo posto do podio.
Na categoría masculina tamén lograban melloras a nivel de récords, Fernando Míguez do At. Sada quen chegaba no foso de triplo M55 ata a medalla de bronce con 11.31 m.
Dous ouros para o lucense do Lucus Juan Gude na categoría M50 tanto sobre 1.500 m. como sobre os 3.000 m. con 8:59.84, mellor marca galega. Dous bronces tamén os que lograba Basi Bernárdez de A Silva quen voaba ata os 1.57 m. en altura e os 12.15 m. en triplo na categoría M50, representando esta última, unha mellora da anterior plusmarca galega.
Non tiveron rivais José Miguel López do Marineda sobre os valos na categoría M65 con 10.09 nin Helena Rey da Gimnástica sobre o círculo de peso na F50 con 12.26 m. ambos campións de España e novos plusmarquistas galegos.
Continuando ca mellora de récords na categoría máster 65, Carlos Ferrer do Samertolameu en pentatlon sumaba un novo título de campión de España con 3.689 puntos polo bronce que lobraga Angeles Rodríguez do At. Sada nos 800 m. con 3:14.40 .
Para rematar Jacinto Cea do Samertolameu colleitaba o título de España e un récord galego indoor grazas aos seus 21:49.48 sobre a proba dos 3.000 marcha M75
A maiores foron salientables as resultados logrados pola plusmarquista mundial Esther Pedrosa do Dawako, quen recuperada da súa lesion, lograba o dobre título sobre as distancias de 1.500 e dos 3.000 m. da categoría F60.