Saltar ao contido
Campionato de España

Foco na fin de semana para os campionatos máster e os lanzamentos longos

Dous importantes campionatos levaranse a cabo esta fin de semana nas localidades de Antequera e Castellón.

O primeiro deles xuntantará a un total de 44 atletas da categoría máster que se darán cita en Antequera para tomar parte no seu Campionato de España máster Indoor.

Entre eles contaremos ca presenza de varios campións internacionais e campións de España entre os cales destaca a presenza da plusmarquista do mundo Esther Pedrosa quen figura inscrita nas probas F60 de 800 m., 1.500 m. e 3.000 m.

Xunto á santiaguesa, tamén contaremos co campión do mundo Juan Manuel Morales do Marineda que recentemente lograba a plusmarca mundial indoor na proba dos 3.000 marcha na M45.

A maiores estarán tomando parte Ángeles Rodríguez do At. Sada na categoría F65 inscrita en peso, 800 m. e 3.000 m.; Domingo Álvarez do Ourense Atletismo nas probas dos 400 m, 800 e 1500 ,m.; Basi Bernárdez de A Silva na M50 nas probas de altura, lonxitude e triplo ou Miguel Gómez do Celta na M40 nos 60 e nos 200 m. por citar só algúns

De igual modo tamén un total de 26 lanzadores e lanzadoras das categorías Sub16, Sub20, Sub23 e absoluto viaxarán ata Castellón para participar no Campionato de España de lanzamentos longos na que o atletismo galego estará representado por varios das nosas e nosos máis prometedores especialistas  da actualidade.

As campioas de España Sub18 de aire libre do ano pasado en Málaga, Lara Iglesias en xavelina e Aixa Corbacho en martelo, estarán lanzando na procura dun novo metal co que estrear a súa nova categoría Sub20.

Tamén contaremos cos campións España Sub16 do Ourense Atletismo Aitana Capeáns en disco Javier Cid en martelo así como o plusmarquista de España Hugo Casañas en disco.

Estaremos tamén moi pendentes do que poida facer o medallista de España Eric Méndez do At. Portugalete categoría Sub23;  Antía Otero en xavelina Sub18, Lidya Valdes do At. Sada en martelo Sub18; Alex César do Mazí na xavelina Sub18 e a de Gabriela Bouzada do Celta Atletismo na xavelina Sub16.

Mención aparte para a atleta colombiana con ficha galega polo Ourense Atletismo, Yiset Magali Jimenez quen acredita a mellor marca das participantes no concurso de xavelina con 56.60 m.

 

Compartir