Saltar ao contido
Campionato de España

Éxito das lanzadoras e lanzadores galegos máster en Durango

Nada menos que once medallas, das cales seis foron ouros, foi a colleita que trouxeron de volta os lanzadores galegos e galegas do Campionato de España de Lanzamentos longos máster que durante esta fin de semana se levou a cabo en Durango.

Os triunfos viñeron da man dos atletas do Samertolameu Javier Viteri por partido dobre na categoría M60, tanto no disco con 41.49 m. como na xavelina con 38.89 m e de Elisabeth Pazo na F50, logrando o campionato de España en martelo pesado con 11.26 m. e o bronce na xavelina. Completaba por parte do club de Moaña a actuación Ana Abuín na M65 cos títulos de campioa de España en martelo con 22.52 m. (novo récord galego) e  prata en martelo pesado.

Ángeles Rodríguez do Atletismo Sada era otra das atletas quen se sumaba á colleita de ouros logrando os de xavelina con 19.96 m. e o de martelo pesado con 8.98 na categoría M65.

A maiores tamén clograron postos de podio e postos de finalistas, Jose Domínguez de A Sila, 2º en xavelina M50;  Xulio Ventín do At. Sada, 3º en martelo e martelo pesado na M60 e Carlos Sánchez da Gimnástica, 4º en xavelina na M60

Foto RFEA

Compartir