Avanzada a tempada indoor e practicamente achegados ao mes de marzo, serán os atletas da categoría Sub16 quenes estén competindo esta fin de semana no Campionato Xunta de Galicia da súa categoría.
Agárdase moita emoción e igualdade
Na probas de velocidade contaremos cun interesantísimo enfrontamento nos 60 m. entre Laura Ríos do At. Sada, Alma Bello do At. Narón e Sofía Paz da At. Barbanza, ambas por debaixo este ano dos oito segundos. Na categoría masculina, Mateo Refojos do Rías Baixas, en principio con 7.26 parace ter máis claras opcións de lograr o campionato ao igual que Mauro Seguín do Marineda At. sobre a proba dos 300 m. na que acredita 37.85.
O líder de España na proba dos 1.000 m. e recente plusmarquista galego Sub16 con 2:33.45 Xoel Franco do Beade, centrará toda a atención de Expourense, xa que pelexará por seguir rebaixando o seu récord autonómico.
Os 600 m. terá en Olivia Gutiérrez do Celta Atletismo, á mellor das participantes con 1:39.12 ao igual que sobre os 3.000 m. o serán o lucense da Escola Atlética Enrique García en homes e Sabela Nieves de A Gándara en mulleres.
Na pista central e sobre os valos, presenza de Joel Santana do Celta Atletismo, segundo no ranking de España indoor no presente ano cun excelente rexistro de 8.54.
Avanzado nos distintos sectores, chegamos aos concursos de saltos nos que estarán Sara Faraldo do At. Sada xunto a Irene Méndez e Olivia Gutiérrez do Celta Atletismo mantendo unha máis que interesante loita polos metais do podio de altura. En homes, Beltrán Rivas do At. Deza terá algo máis despexado o título galego grazas aos 1.81 m. de finais do pasado mes.
Outro dos concursos interesantes deste campionato estará sobre o listón de pértega no que estarán tanto Sabela Alvarez do Celta Atletismo como Paula Carrión do Ourense Atletismo, separadas tan só este ano por un centímetro de diferencia.
Por último, no foso de triplo tomará parte como principal reclamo co coruñés Bruno Castro do Coruña Comarca quen con 12.69 m. sitúase de segundo no ranking de España. De igual modo, mesmo protagonismo e mesma posición no ranking en peso para Sara Caamaño da Atlética Barbanza quen se presenta en Expourense cun destaco rexistro de 11.63 m.