No día de hoxe tivo lugar a presentación do campionato Xunta de Galicia de lanzamentos longos absolutos e Sub23, que contou ca presenza entre outros do alcalde do Concello de O Barco Alfredo García, o Concellal de Deportes Aurentino Alonso, o vicepresidente da FGA Eladio Gómez, o Delegado da FGA en O Barco Manuel Rodríguez e o Presidente do ADAS CUPA Tinín González, así como Miguel Angel Nogueira sobrino de Luis Nogueira.
Interesante campionato autonómico
Esta sábado as pistas de atletismo de Calabagueiros pertencentes ao Concello de O Barco de Valdeorras, darán acollida ao Campionato Xunta de Galicia de lanzamentos longos absolutos e Sub23 que xuntará a un destacado número de participantes na procura dos postos de podio desta edición.
Entre a relación de participantes destaca a presenza do campión galego absoluto en lanzamento de peso Miguel Angel Granado do Celta Atletismo quen estará intentando sumar un novo título malia que desta ocasión sobre o concurso de disco. Evelyn Fernández do Atletismo Narón pola súa banda, postúlase como a clara favorita grazas aos seus 38.72 m. que a sitúan momentaneamente ao fronte do ranking galego anual.
O medallista nacional Eric Méndez do Atm. Portugalete, parte como favorito nun concurso de martelo que terá no carismático atleta local Carlos Revuelta da Gimnástica a un dos seus máximos opoñentes. Na categoría feminina a Sub20 a campioa de España Aixa Corbacho asume a condición de favorita nunha proba que lidera claramente cun rexistro de 57.50 m.
Xa por último no concurso de xavelina, contaremos ca actuación da colombiana con ficha galega polo Ourense Atletismo Yiset Magali Jimenez quen parte co mellor rexistro das participantes, nunha proba na que a mellor das galegas será Antía Otero do Ciudad de Lugones que ven de proclamarse recentemente campioa galega Sub18. Pola súa banda o atleta naronés Iago Pazos intentará facer valer os seus 54.05 do pasado 12 de xaneiro, para estar no máis alto do podio.
Acto homenaxe a Luis Noguira
O campionato será o lugar e o momento escollido para lembrar a figura de quen fora un dos grandes e carismáticos deportistas valdeorrenses de todos os tempos, Luis Nogueira. A corporación municipal será a encargada de descubrir unha placa na súa memoria nun acto que se desenvolverá as 17:45 do sábado