Saltar ao contido
Campionato de España

Sabadell agarda aos Sub23

Dazanove atletas galegas e galegos tomarán parte esta fin de semana no Campionato de España Indoor Su23 que se levará a cabo nas pistas catalanas de Sabadell na procura dun bo rexistro que lles permira satisfacer os seus distintos obxectivos personais.

A priori Jorge Román Leiros do R.C.Celta a quen vimos ocupando o segundo posto no galego absoluto con 47.65, parte como clara aposta para estar na loita directa polos metais ao igual que o plusmarquista galego dos 110 valos Hugo Vázquez do Marineda At. quen terá unha excelente oportunidade de desquitar a espiña do absoluto onde un tropezo privoulle do título.

Sobre o círculo de peso estaremos moi pendentes dos concursos tanto da campioa galega internacional Xiana Lago do Ria Ferrol como do subcampion autonómico Fernando Vallines, que parten como dúas das claras opcións de podio.

Importantes opcións de igual modo no concurso de heptatlon ca participación de Aitor Fernández do Super Amara rozando a barreira dos cinco mil puntos.

Erik Fernández do Super Amara Bat sobre os 200 m. e Xoel Otero do Mazí en combinadas, serán outros dos atletas a priori que por rexistros, estarán na pelexa polos postos importantes

Compartir