O II Circuito Galego de marcha arrincará o vindeiro 9 de febreiro

A Federacion Galega de Atletismo vai poñer en marcha este 2025 a segunda edición do Circuito Galego de Marcha Atlética que arrincará ca primeira xornada o vindeiro día 09 de febreiro coincidindo ca disputa do Campionato Xunta de Galicia da especialidade.
Logo do exitoso balance de resultados e de participación que deixaba a primeira edición do ano pasado, desde o sector técnico de marcha quérese seguir apostando e potenciando por unha das especialidades máis importantes do atletismo galego.
Este ano repítense as seis xornadas do ano pasado, das cales ainda faltan dúas por confirmar, pasando por A Pobra, Cervo, Coruña e Ames.
- 09 de Febreiro, no Concello de A Pobra
- 12 de abril, no Concello de Cervo
- 04 de maio, pendente de sede por confirmar
- 07 xuño, no Concello de A Coruña
- 22 novembro, pendente de sede por confirmar
- 28 decembro, no Concello de Ames
Aposta de modelo
O formato de circuito competitivo non é novo no calendario de probas atléticas. Desde fai anos véñense sucedendo diversos modelos entre os que destacan os levados a cabo en pista, trail running e de maneira máis notoria en ruta, todos eles con grandes resultados a nivel deportivo e organizativo que está a facer que se estudie a posibilidade de implementar más especilidades nun futuro inmediato.