O II Circuito Deputación da Coruña en pista pecha con máis de 1.200 participacións

Este pasado sábado daba remate ca terceira xornada, o II Circuito Deputación da Coruña de probas de atletismo en pista que estivo a ser organizada pola Deputación da Coruña neste último treito do ano.
As xornadas daban comezo o pasado día 16 de novembro nas pistas da USC de Santiago baixo unha multitudinaria participación de atletas procedentes de toda a provincia e que daban paso, a xornada do día 30 nas pistas da UDC da Coruña e a do día 15 de decembro na Malata de Ferrol, con igual éxito participativo.
Ao longo das tres citas, contabilizaronse un total de 1.208 participacións as levadas a cabo polos atletas participantes o que pon de manifesto a gran importancia que este circuito tivo para o noso deporte, máxime si temos en conta que as categorías foron as Sub10, Sub12 e Sub14.
Presenza do Deputado Provincial
Compre salientar, ademáis da aposta levada a cabo polo organismo provincial, a presenza permanente do Deputado Provincial en Deportes Antonio Leira quen desde un primeiro momento quixo apoiar e apostar por esta importante iniciativa que xa mira cara ao 2025.
Para o presidente Iván Sanmartín, “Estamos moi satisfeitos do grado de colaboración existente nestes intres con todas as administracións públicas. No caso da Deputación da Coruña, estamos traballando de maneira moi directa en varios e importantes proxectos que temos en marcha, polo que queremos agradecer o seu importante grao de compromiso e colaboración”