Saltar ao contido
Federación

A FGA pecha o ano celebrando a súa Asemblea ordinaria e extraordinaria

No día de hoxe tivo lugar a Asemblea xeral ordinaria e extraordinaria da Federación Galega de Atletismo na sede da Federación Galega de Fútbol de Santiago de Compostela baixo a asistencia de vinte oito asambleistas que representaron os distintos estamentos do Atletismo Galego.

Na mesma o presidente Iván Sanmartín, daba a benvida aos distintos representantes dándose paso de seguido ao seu desenvolvemento.

Nos distintos puntos do orden do día foron aprobados tanto as normas reguladoras para a ratificación de récords de Galicia, como os orzamentos para o 2025 que foron presentados polo presidente e debatidos polos asambleistas. Na exposición dos mesmos, destacouse que son os máis altos da historia da Federación Galega, sendo un garante tanto de estabilidade como de viabilidade dos distintos proxectos e programas postos en marcha.

A maiores falouse do Plan Galego de Tecnificación así como da gala do atletismo galego 2024 que se realizará no primer cuadrimestre do 2025.

De seguido convocábase a Asamblea Xeral Extraordinaria ante os mesmos asistentes que aprobaron por unanimidade o único punto do día,  a aprobación do convenio único de integración na Real Federación Española de Atletismo.

Antes de pechar esta asemblea, Ivan Sanmartín aprobeitaba a ocasión para desexar a todos e todas unhas boas festas de nadal.

 

Compartir