Tres medallas de ouro, dous mellores marcas galegas e dous postos de finalistas foi o balance da actuación galeda acontecida durante o transcurso do Campionato de España de inverno de marcha paras as categorías de promoción e máster celebrada esta fin de semana na localidade cántabra de Castro Urdiales.
O máis salientable foron os triunfos da marchadora internacional Aldara Meilán da Atlética Lucense quen logo dun breve paréntese, reaparecía nun estado de forma excepcional que daba como resultado o título claro de campioa de España Sub20 establecendo ademáis unha nova marca galega da categoría Sub20 en ruta con 22:53.
Nicolás Collazo do Atletismo Ames Savante pola súa banda, lograba na categoría Sub18 unha fantástica medalla de bronce logo de rematar os 5K cun crono oficial de 21:19 que de igual modo representan un novo récord galego da súa categoría.
A última das medallas foi para para o claro favorito da categoría Máster40, o coruñés do Marineda Atlético Juan Manuel Morales que sumaba un novo título de España e que engade aos de Europa e do Mundo que tamén acredita.
Compre salientar os postos de finalistas logrados por Icia Ares do Ourense Atletismo que quedaba ás portas do podio co seu cuarto posto na categoría Sub18 feminina e Natalia Rivas do Ría Ferrol quen chegaba en posto de honra na proba dos 5K Sub20.
Campionato de Europa de Campo a través
O equipo de remudas mixto que presentaba a Selección Española ao Campionato de Europa de Campo a través, e no que tomaba parte o galego Adrián Ben, non puido estar no podio como fixera na edición celebrada no ano 2022 en Italia. Naquela ocasión o conxunto liderado polo viveirense, lograba un magnífico subcampionato de Europa xunto a Jesús Gómez, Solange Pereira e Rosalia Tarrega. Nesta edición na que tan só repetían Jesús Gómez e Adri Ben, o combinado hispano lograba un quinto posto nunha carreira gañada nun trepidante final polos italianos.
A outra das nosas representantes en Antalya foi Emma Méndez quen debutaba nun europeo ca Selección Sub20 e nas que por equipos España lograba a décimo primeira posición nunha carreira gañada polas británicas. A lucense remataría no individual no posto 82º.