RESULTADOS EN DIRECTO

Galicia, con peso histórico no cros europeo

Esta fin de semana a localidade turca de Antalaya centrará todos os focos mediaticos xa que nela estarase disputando a edición setenta do Campionato de Europa de campo a a través ca presenza dos mellores especialistas continentais do momento.

A Selección Española acude cun equipo formado por un total de 40 atletas que sentirán a responsabilidade de defender o gran legado das 85 medallas logradas ao longo de todo este tempo, incluidas as tres últimas do ano pasado en Bruselas.

Presenza galega

Nestes campionatos de Europa, o atletismo galego estará presente da man de dous atletas.

Na categoría feminina estará sobre o circuito de Dokuma, Emma Méndez na categoría Sub20 quen lograba a súa clasificación logo do 5º posto no último campionato de España de campo a través celebrado en Santiponce. Fantástico ano para a deportista da Atlética Lucense quen xa o pasado marzo tomaba parte, estreando internacionalidade, no Campionato do mundo en Belgrado logrando o posto 48º na categoría Sub20.

En homes, o olímpico Adrián Ben estará competindo na proba de remudas mixtas onde intentará repetir o subcampionato de Europa logrado fai dos anos en Italia.  Son moitas as opcións que ten nesta edición o equipo hispano de remudas mixtas composto, ademáis de polo viveirense, por Jesús Gómez, Esther Guerreo e Marta Pérez.

Peso importante do atletismo galego na historia dos campionatos de Europa

Con esta edición, a participación de atletas galegos na historia dos campionatos de Europa de campo a través desde a súa primeira edición no ano 1994, alcanza a cifra das 74 actuacións das cales 45 corresponden a categoría feminina e 29 a categoría masculina.

Entre os galegos e galegas que contan con máis participacións na cita continental, destacan as seis actuacións de Solange Pereira nos anos 2009, 2010, 2011, 2017, 2018 e 2029 á quen lle siguen as catro tanto as da guardesa Julia Vaquero como da lucense María Abel.

Na categoría masculina, este ano Adrián Ben igualará con cinco participacións as que lideran os míticos Alejandro Gómez e Carlos Adán quenes domiñaban os circuitos de campo a través a mediados dos noventa e principios dos 2000.

Dazaoito medallas para o atletismo galego nos Campionatos de Europa

No apartado de medallas o atletismo galego acumula un total de dazaoito medallas das cales tres foron logradas no individual e o resto por equipos.

Julia Vaquero lograba precisamente a primeira medalla para o atletismo galego na edición inaugural deste campionato celebrado no ano 1994 en Alnwich (GBR) onde remataba obtendo unha fantástica medalla de prata . O mesmo metal era colleitado un ano despois sobre o mesmo escenario por Alejandro Goméz quen ademáis conseguía o título continental por equipos. Pechaba o medalleiro individual galego novamente unha Julia Vaquero quen repetía medalla no ano 1996 na localidade belga de Charleroy (BEL).

Si todo esto acontecía a nivel individual, por equipos, as galegas e galegos contribuían decisivamente a que España sumara un total de dazaseis medallas destacando os seis títulos de campións de Europa conquistados. A todo esto hai que sumar catro subcampionatos así como os seis metais de bronce nas que Alejandro Gómez con catro podios e Solange Pereira con tres, pasan por ser os galegos e galegas que máis veces subiron ao caixón de honra continental.

Compartir: