A Federación Galega de Atletismo e a Fundación de Deportes do Concello de Vilagarcía de Arousa, organizan o XXXII Campionato Xunta de Galicia de Medio Maratón Absoluto, Sub 20, Sub 23 e Máster, o domingo 24 de novembro. Será o citado concello quen reciba por segunda vez consecutiva esta proba á que están chamados a tomar parte un total de 368 atletas.
Ante a ausencia dos campións galegos do pasada edición, a priori os favoritos na categoría absoluta poderían ser tanto Alvaro Prieto do Atletismo Corredoiras como María Jesús Conde do Lugo Running Club quenes o ano pasado lograban o subcampionato autonómico.
No resto de categorías destaca a participación dos campións e campioas galegas: Silvia García do Atletismo Noia na F35; Alejandro Pesado do ADAS CUPA na M45; Santiago Falcón da A.D. Olímpia na M55; Teresa Castro do A. Noia na F55; Manuel Suárez do Veteranos de Samil na M65; Gonzalo Vázquez do Sprintes Ourense na M70; Roberto Rey do Veteranos de Samil na M75 e Julio César Constela do Atletismo+9 Moraña na M80.
Tanto a saída como a meta estará ubicada na avenida da Mariña desde a que arrincarán os distintos atletas inscritos ás 10.30 horas.
Clasificación por clubs
De maneira paralela, este campionato Xunta de Galicia servirá para premiar aos mellores equipos autonómicos á que acuden máis de cincuenta clubs achegados de todos os recunchos da nosa comunidade. Entre os mesmos, atópase o gañador do ano pasado na categoría masculina, o ADAS CUPA así como o subcampión na feminina, a S.D. Compostela Atletismo.
Foto Diario O Salnés