Antía e Daniel Chamosa, domiñaron o galego invernal de marcha en pista

A atleta olímpica Antía Chamosa cun rexistro de 22:53.39 e o internacional Daniel Chamosa con 20:26.12 proclamáronse no día de onte campións galegos absolutos da edición correspondente ao Campionato Xunta de Galicia de Marcha de inverno desenvolta nas pistas do CGTD de Pontevedra baixo unha importante afluencia de atletas e organizada polo Concello de Pontevedra conxuntamente ca FGA.

Os irmáns internacionais da Gimnástica de Pontevedra, quixeron estar novamente nun Campionato Galego amosando o seu compromiso no que representa practicamente o inicio dunha tempada con importantes obxectivos para ambos por diante.

Xunto eles lograron postos de podio, Alba Pérez da Gimnástica con 25:17.50 e Icia Ares do Ourense Atletismo con 25:56.08 e na categoría masculina o campión mundial máster Juan Manuel Morales do Marineda At. con 21:28.49 e Nicolás Collazo do Ames Atletismo Savante con 22:27.99.

Compre destacar o rexistro logrado na categoría Sub14 por Antón Díaz nos 2.000 marcha que con 9:36.06 lograba unha mellor marca autonómica da distancia.

No resto de categorías resultaron campións galegos e galegas as seguintes atletas:

  • Sub23. Alba Pérez (Gimnástica)
  • Sub20. Natalia Rivas (Ría Ferrol)
  • Sub18. Icia Ares (Ourense At.) e Nicolás Collazo (Ames At.)
  • Sub16. Alba Morales (Marineda At.) e Mateo Valcarce (ADAS CUPA)
  • Sub14. Sara Cabado (At.Lucense) Antón Díaz (At. Narón)
  • Sub12. Marta Bargueiras (At.Lucense) e Thiago Portela (At. Lucense)
  • Sub10. Gara Fernández (Gimnástica) e Gael Seijido (At. Narón)
  • M40. Juan Manuel Morales (Marineda At.)
  • M45. Herminia Grande (Ourense At.)
  • M50. Soledad Pousa (Ourense At.)

 

 

Compartir: