No día de hoxe tivo lugar na sede organizadora do Concello de Vilagarcía, a presentación do Campionato Xunta de Galicia de Media Maratón que terá lugar o vindeiro día 24 de novembro.
Ao acto acudiron entre outros o Presidente da FGA Iván Sanmartín así como Álvaro Carou, Concelleiro de Turismo e Vicepresidente da Fundación de Deportes de Vilagarcía e Carlos Coira, concelleiro de deportes.
A cita autonómica que se desenvolverá conxuntamente ca popular II Media Maratón Concello de Vilagarcia, servirá para que os algo máis do medio milleiro de participantes que xuntan ambas probas ata o momento, poidan disfrutar deste circuito. Este estará homologado pola R.F.E.A. contando cunha lonxitude total de 21.097,50 metros que se completará con 3 voltas (unha pequena de 1.351m) sendo o seu trazado urbano, asfaltado e pechado ao tráfico.
Desde o Concello agardase que o número de participantes acade a cifra dos 700 inscritos para o que se teñen previsto, entre outros, premios económicos na modalidade de clubs.
A proba, que dará comezo ás 10.30 horas do domingo 24 de novembro desde a Avenida da Mariña, continuará ca súa pasarela de inscrición aberta ata o vindeiro 20 de novembro na web de carreiras galegas.