Dazanote equipos galegos acuden ao estatal de cros

Un total de dazanove equipos galegos en representación de once clubs, tomarán parte esta fin de semana no Campionato de España de Campo a través por clubs e de remudas que terá lugar no conxunto arqueolóxico de Itálica de Santiponce.

Entre eles se atopa a Gimnástica de Pontevedra quen na categoría feminina lograba o ano pasado a medalla de bronce na categoría Sub16. O conxunto ximnástico tomará parte na localidade andaluza, na categoría Sub18.

O campionato dará comezo ás 09:00 horas ca saída das Sub16 sendo a última carreira programada a das remudas ás 13:40 horas.

 

  • CATEGORÍA FEMININA

Absoluta: C.C.A. Ría de Foz e S.D. Compostela Atletismo

Sub20: Ourense Atletismo

Sub18: S.Gimnástica e Ourense Atletismo

Sub16: Atlética Lucense e Lucus CRG.

  • CATEGORIA MASCULINA

Absoluta Lucus CRG; Atletismo Narón e S.D.Compostela Atletismo

Sub23: Atletismo Santiago

Sub20: Atlética Lucense

Sub18: A.D. Fogar e Atletismo Narón

Sub16: Atletismo Sada

  • REMUDAS MIXTAS

S. Gimnástica; Ourense Atletismo; S.D. Compostela At. e Agrupación Viguesa

Compartir: