A FGA na Comisión Delegada da RFEA

Como xa informamos, este pasado luns, Raúl Chapado foi proclamado presidente reelecto da Real Federación Española de Atletismo ao non concurrir ningunha outra candidatura áos comicios electorais.

Desde a Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín valoraba esta reelección “Alegrámonos da reeleción de Raúl Chapado xa que con elo os intereses do atletismo galego estarán garantidos e representados de maneira importante na sede da Federación Española”

Sanmartín, que trasladaba personalmente as felicitacións ao presidente, sinalaba que ” A nosa Federación conta na actualidade cun peso importante na toma de decisións xa que forma parte das cinco que compoñen a Comisión Delegada da RFEA.”

Lembramos que a Comisión Delegada da Asamblea Xeral, está composta por quince membros elexidos de entre os compoñentes da Asamblea Xeral na proporción dun tercio entre Presidentes de Federaciones Autonómicas, outro de Clubs e o tercio restante formado por 2 representantes de atletas, un de adestadores, un de xuíces e un doutros colectivos, reuníndose como mínimo, unha vez cada catro meses.

Para o dirixente do atletismo galego a continuidade de Chapado suporá tamén continuar “Cas excelentes relacións así como o importante clima de entendemento e mutua colaboración que se están dando entre entre ambos organismos” ofrecéndolle  “canta colaboración soliciten por parte desta federación” e desexándolle para este novo mandato “toda a sorte do mundo na toma de decisións”

Compartir: