Raúl Chapado, reelexido presidente da RFEA

A Xunta Electoral da RFEA proclamou no día de onte a Raúl Chapado Serrano, como Presidente da Real Federación Española de Atletismo.

Reunida de maneira telemática, e rematado o prazo de impugnacións á proclamación provisional de candidatos/as á presidencia da RFEA, sin que se tivera constancia da  súa presentación ante a Xunta Electoral, nin ante o Tribunal Administrativo do Deporte, segúndo o establecido no artículo 69 do Regulamento Electoral, e ao no existir máis que un candidato, a Xunta Electoral procedía a proclamar a Raúl Chapado Serrano como Presidente da Real Federación Española de Atletismo, sin que fora necesaria a votación en asemblea.

Con esta nova reeleción, o actual Presidente cumple o seu terceiro mandato, logo da súa elección no 2016, e reelección no 2020.

Desde a Federación Galega de Atletismo, queremos transmitir as nosas felicitacións desexando ao mesmo tempo, a maior das sortes posibles neste novo periodo.

Compartir: