Éxito da Milla Vigo+11

Esta fin de semana A Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo, co patrocinio do Concello de Vigo e a colaboración de Atlántico Diario e Máis que Auga, organizaron a MILLA VIGO +11 incluída no circuíto Run RunVigo  2024.

Esta clásica, que “debutaba” neste 2024 baixo a modalidade de Milla por inicitiva do Delegado Federativo David Posada, foi seguida por parte dun destacado número de inscritos e inscritas cuxa cifra superaba o medio milleiro de participantes e que supón, un récord de inscricións.

No apartado deportivo, a mellor marca das participantes foi para Ana Pérez (Máis que Auga) cun tempo de 5:52  e na categoría masculina para Antón Gómez do Celta Atletismo con 4:51.

A entrega de trofeos contou, entre outros, ca presencia do Presidente da FGA Iván Sanmartín

 

Compartir: