Ata sempre compañeiro

Desde a Federación Galega de Atletismo temos que lamentar fondamente o falecemento dun dos nosos,  Xamín Fernández.

Xamín fora un dos máis importantes atletas do medio fondo estatais da época dos anos oitenta chegando a lograr varios títulos de España e a ser catro veces internacional.

As ordes doutro magnífico adestrador, Ricardo Gurriarán, lograrían nas pistas santiaguesas da Universidade dar forma a un proxecto deportivo que logrou codearse cos Abascal e González, estandartes de toda a época gloriasa do noso deporte da que Xamín foi peza fundamental.

Comprometido politica e socialmente, vivía apartado das pistas desde fai moitos anos.

Unha longa enfermidade acababa ca vida dun dos bos e xenerosos do noso deporte, cuxa vida foi recollida polo gran Emilio Navaza nos seus escritos de Vida Atlética de Galicia.

Boa viaxe Xamín.

Compartir: