No día de onte tivo lugar a Asemblea Xeral Ordinaria da Federación Galega de Atletismo nas instalación da R.F.G.de Fútbol en Santiago.
Na mesma, e ante a sistencia de 38 asambleistas en represenatción de todos os estamentos, o presidente Iván Sanmartín fixo balance da toda a actividade atlética, destacando a desenvolta durante o 2024. De igual modo, expuxo un resumo dos distintos resultados internacionais e participación de todos os atletas galegos e galegas a nivel de selección e individual, así como os investimentos efectuados, a evolución do número de licenzas, o estado de contas, e distintos aspectos de interes xeral entre outros puntos importantes.
Dolores Rojas interviña para explicar os problemas que entraña a nova plataforma de tramitación de licencias da RFEA, salientando que están en trámites de solución.
De igual modo tanto Angel López Montesinos en calidad de Presidente co CGX como David Ferrer en caliade de Director Técnico da FGA tamén interviron ao longo da asemblea facendo balance e propoñendo distintas consideracións que foron debatidas polos asistentes.
Durante as tres horas que durou a Asamblea, aprobouse a Acta da Asemblea Xeral Anterior con 33 votos a favor e 5 abstencións; o calendario de competicions 2025 con 34 votos a favor, 2 en contra e 2 abstencións; as Normas técnicas 2025 con 26 a favor, 6 en contra e 6 abstencións e a normativa de licenzas 2025 con 33 a favor, e unha abstención.
O Xuíz internacional Guillermo Sandino defendeu unha nova normativa de récords de Galicia que foi emplazada por unanimidade para seguinte Asemblea do mes de decembro debido a súa complexidade, rematándose cas distintas propostas, rogos e preguntas dos asistentes.
Para concluir o presidente da FGA agradecía a actitude e grado de participación e implicación de todos os presentes na mellora de todos os puntos debatidos