Resultados en directo

Beatríz Rivas, nova mellor xuíza estatal 2024

Novamente unha galega será galardoada e distinguida no apartado de xuíces pola Real Federeción Española de Atletismo.

Trátase da xuíza pertencente a Delegación coruñesa, Beatríz Rivas Murias cuxa traxectoria non pasaba desapercibida polo Comité Nacional de Jueces quen na súa última asemblea xeral levada a cabo recentemente, decidía dar á galega, a distinción como Mellor Xuíza 2024.

Beatríz é unha das xuízas máis activas do noso panel. Non é nada extrano vendoa acudir a diversos cursos nacionais e internacionais, tomando parta activa ao mesmo tempo, de varios congresos e actividades formativas. Na actualidade é xuiza Nivel-3 e World Athletics Referee Silver e sucede aos galegos e galegas Dolores Rojas, Jorge Blanco, Ángel López Montesinos, Manuel Garrido a Loreto Pérez quenes tamén lograban esta mesms distinción

Longa suma de distincións

Con esta nova concesión son xa un total de doce distincións ( dúas Placas Juan Sastre; e seis como mellor xuíz e catro como mellor xuíz novel)  as xuízas e xuíces galegos que recibiron esta importante premio, o que pon de relieve a gran capacidade e formación do colectivo galego.

  • Placa Juan Sastre 1993
    Ramón Docal Lago
  • Mellor Xuíza 2002
    María Dolores Rojas Suárez 
  • Mellor Xuíz 2011
    Jorge Blanco Chao 
  • Mellor Xuíz 2012
    Ángel López – Montesinos Vázquez 
  • Mellor Xuíz Novel 2015
    Guillermo Sandino Leira
  • Mellor Xuíz Novel 2016
    Andrés Anxo Pérez Sánchez 
  • Mellor Xuíz Novel 2020
    Rubén Martínez Vega 
  • Mellor Xuíza Novel 2021
    Estefanía Acuña García 
  • Mellor Xuíz 2021
    Manuel Garrido Toro 
  • Placa Juan Sastre 2022
    Jorge Blanco Chao 
  • Mellor Xuíza 2023
    Loreto Pérez Román 
  • Mellor Xuíza 2024
    Beatríz Rivas Murias

 

Compartir: