No día de onte Iván Sanmartín visitaba o grupo de lanzamantos do CGTD de Pontevedra na que estivo conversando e escoitando as inquedanzas do grupo que dirixe Frank Casañas xunto ao técnico Gustavo Dacal.
Nela, ademáis de comprobar de primeira man o traballo e as evolucións deste importante núcleo, tivo tempo para seguir o desenvolvemento da sesión e intercambiar algunhas impresións cas becadas Aixa Corbacho, Aitana Capeáns, Hugo Casañas, Erika Martínez e Lydia Valdés, así como do resto de atetas que forman este núcleo neste 2024.
O director Frank Casañas, quixo agradecer a Sanmartín todo o traballo que desde a Federación se está facendo salientando tamén a importancia da Xunta de Galicia neste programa que aspira a ampliarse con novos proxectos nun futuro.
Tecnificación, pedra angular do atletismo galego
Un dos aspectos que se está tratando con sumo esmero é a parcela de tecnificación que se traducirá proximamente, na publicación do novo Plan Galego Estratéxico de Tecnificacion Deportiva na que se leva traballando nos últimos meses, e que se pretende empece a estar operativo a principios do ano 2025.