Resultados

Alcobendas deixa unha ducia de metais para as nosas e nosos máster

Sete títulos de España, catro subcampionatos, un bronce e tres postos de finalistas foi o balance da actuación galega no Campionato de España máster das modalidades de Combinadas, Pentatlon de lanzamentos, Milla e 10.000 m. desenvolto esta pasada fin de semana na polideportiva José Caballero de Alcobendas.

Os primeiros postos viñeron nas carreiras da man de Esther Pedrosa do Dawako quen lograba os títulos de España na categoría F60 das modalidades de Milla cun rexistro de 5:55.2 e na proba dos 10.000 m. con 42:34.50

Soledad Leiro na categoría F50 daba a Sociedade Compostela Atletismo a medalla de ouro sobre a distancia de Milla rematando en 5:30.2. Esta mesma atleta sumaba nos 10.000 m. outro metal, desta ocasión de prata, con 39:24.37

Xa nos concursos foron destacadas as actuacións de Xulio Ventín do At. Sada na M60 (3.275 puntos) e a dos atletas de A Silva Carlos Almudí na M50 (3.299 p.) e de Ángeles Rodríguez na F65, (2.656 p.) gañadores todos eles da proba de Pentatlon de Lanzamentos. Esta última atleta subía ao podio por partida dobre na proba de milla, onde recibía a medalla de prata logo de rematar en 7:25.7.

O último dos títulos de campión de España era sumado por Carlos Ferrer para o Samertolomeu na categoría M65 de Decatlón ao lograr unha puntuación total de 6.572 puntos.

Na categoría M65 Pablo Fervenza novamente volvía a colleitar bos resultados nuns campionato de España logo de lograr dous subcampionatos tanto en 10.000 m. como na Milla con 43:26.62 e 6:26.7 respectivamente

Para rematar Tita Janeiro lograba o metal de bronce con 2.504 puntos na proba de Pentatlon de lanzamentos na categoría F45.

Foron tamén destacos os postos de finlistas colleitados por Javier Viteri en Pentatlon de lanzamentos, Emilio García na proba de milla, así como Esteban Díaz e Israel Ropero nos 10.000 m.

Compartir: