O CEAGA inaugura un novo curso

O pasado sábado tivo lugar a presentación e comezo dunha nova promociòn do curso de  Técnico Medio de Atletismo, que dou comezo este sábado no CEAGA instalada na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física de Bastiagueiro (Oleiros).

Este ano,  o curso deu comezo cun total de vinte alumnos e alumnas matriculadas que se xuntan aos vintedous que cursan o segundo ano da especialidade.

No acto de inauguración, estiveron presentes o seu Director Santiago Canicoba que daba a benvida aos novos e novas alumnas xunto aos docentes Isidoro Hornillos e Madò González.

Importante aposta federativa

Desde a Federación Galega de Atletismo, valórase moi positivamente este importante comezo académico, xa que con elo cumplese un dos importantes obxectivos marcados desde fai anos pola entidade deportiva.

Na actualidade existen moi poucas Federacións nacionais e moitos menos autonómicas, que poidan presumir de contar cun ciclo homologado formativo, o que engade máis valor se cabe, a este importante acontecemento cuxo obxectivo e colocar no eixo central da política federativa, a formación dos seus estamentos.

Compartir: