Bo papel da Selección Galega Sub16 en Tudela

Bo papel o logrado esta fin de semana pola selección Galega Sub16 que lograba no seu Campionato de España de selecccións Sub16 desenvolto en Tudela, a quinta posición na categoría masculina e a sexta na categoría feminina.

Durante tres xornadas, as pistas da Comunidade Foral presenciaron un excelente campionato protagonizado polas que están chamadas e chamados a ser o día de mañán, os grandes referentes do atletismo a nivel estatal.

De entre todas, compre salientar as excelentes actuacións das nosas e nosos atletas que lograron a nivel individual un total de nove postos de podio e dazasete de finalistas.

Para comezar, indiscutible unha vez máis Hugo Casañas no concurso de disco que sigue medindo as súas intervencións por triunfos aplastantes. O pontevedrés lanzaba ata os 67.81 m. quitando máis de once metros ao segundo atleta clasificado.

Outra das protagonistas da nosa selección foi a santiguesa Paula Fernández que lograba unha fantástica primeira posión na proba dos 1500 obstáculos cun crono de 5:04.99 que representan ademáis a nivel persoal unha MMP.

Os lanzamentos continúan sendo o estandarte dunha selección que tivo en Sara Caamaño e Aitana Capeáns a parte das súas protagonistas. A primeira lograba a segunda posición en peso grazas aos seus 11.64 m. polos 35.21 m. en disco de Aitana quen repetía posto. O ourensán Javier Cid sobre sobre o círculo de martelo, sumábase a estos bos resultados co seu terceiro posto, logo de lanzar ata os 54.95 m.

Nas probas de velocidade, segunda posición para Lois García que marcaba un excelente crono nos 100 m. de 11.32. Un terceiro posto foi o que lograba nunha boa carreira sobre os 300 m. Olivia Gutiérrez que remataba en 41.83.

O fondo tamén sumaba destacadas actuacións como as protagonizadas por Alejandro Santos  nos 3.000 m. con 8:52.21 e Xoel Franco nos 1.000 m. con 2:35.42. Tanto o do Trega como o de Beade lograban o terceiro posto da xeral logrando ademáis sendas MMP.

Como remate a todo elo, o relevo dos 4×100 masculino composto por Pablo Ruíz, Lois García, Mateo refojo e Aaaron Pérez deixabanos a última das alegrías logo de ceder tan só ante a selección de andaluza e rematar segundos con 44:00.

Compre tamén salientar de igual modo os postos de finalistas logrados neste campionato por Miguel Angel López en peso con 14.95 m.; Enma Rial nos 300 valos con 47.47; Manuel Eirín en xavelina con 47.50 m; Pablo Vázquez nos 1.500 obstáculos con 4:36.46; Aaron Pérez en lonxitue con 6.20 m; Héctor Alba en pértega con 3.17 m; Carmen Martínez en 3.000 m. con 10:35.68; Mateo Valcarce en 3.000 marcha con 13:47.82 (MMP); Alba Morales en 3.000 marcha con 15:19.60; Beltrán Rivas en altura con 1.70 m.; Sara Faraldo en altura con 1.53 m; Joel Santana nos 300 m. con 37.34 (MMP), Sabela Álvarez en pértega con 2.52 m; Bruno Castro en triplo con 12.33 m. (MMP); así como o relevo masculino dos 4×300 m. e feminino dos 4×100 m.

Compartir: