Tras o período de matrícula, e respectivas convalidaciòns, esta fin de semana, o CEAGA, deu comezo o curso do Ciclo Final de Técnico Medio de Atletismo para os alumnos e alumnas que cursaron o ano pasado o Ciclo Inicial desta modalidade.
Como xa se fixera o ano pasado, o curso será impartido polo Centro de Ensino Atletismo Galego (CEAGA), dependente da FGA, na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña (Oleiros) durante os fins de semana para facilitar a formación académica das persoas interesadas.
No acto de presentación estivo o seu novo Director, Santi Canicoba quen apuntaba “dos varios meses de aprendizaxe e coñecemento que quedan por diante” lembrando ademáis a forte aposta levada a cabo pola Federaciòn Galega de Atletismo “cuxa titulación oficial da Consellería e do Ministerio de Educacion sitúan a nosa comunidade entre as poucas e selectas que o imparten”
Xunto ao director estiveron parte dos alumnos e alumnas do ciclo final, así como os docentes Madó González, Isidoro Hornillos e Vicente Veiga quenes continuarán impartindo docencia neste novo curso que dará comezo, para o ciclo inicial, o vindeiro día 4 de outubro.