De conformidade co disposto no artigo 11.1 da Orde EFD/42/2024, do 25 de xaneiro, pola que se regulan os procesos electorais nas federacións deportivas españolas, os Estatutos da RFEA e demais normativa aplicable, infórmase de que desde o pasado día 4 de setembro de 2024 están convocadas as eleccións catroanuais a membros da Asemblea Xeral, Comisión Delegada e Presidencia da Real Federación Española de Atletismo.
Na páxina web da Real Federación Española de Atletismo, e nas das federacións autonómicas que a integran, atópanse xa dispoñibles, entre outros documentos:
- Convocatoria de eleccións
- Distribución de número de membros da Asemblea,
- Censos electorais,
- Modelos oficiais de sobres e papeletas,
- Procedemento especial de voto por correo,
- Regulamento electoral,
- Composición nominal da Xunta Electoral e calendario electoral aplicable a partir da data.
Toda a información en https://eleccionesrfea2024.es