Logo da resaca olímpica e paralímpica, a axenda atlética volve pouco a pouco a centrar os focos de atención no resto de competicións internacionais.
En concreto para esta fin de semana a localidade oscense de Canfranc, acollerá unha nova edición correspondente ao Campionato do Mundo de Trail e Mountain Running máster que contará cunha importante e numerosa participación achegada dun amplo número de paises participantes.
O atletismo galego estará moi ben representado, xa que ata a histórica estación, acudirán un total de doce atletas galegos e galegas.
Entre os mesmos estarán varios dos campións e campioas galegas de TR nas súas distintas submodalidades neste 2024, como é o caso na categoría máster 50 de Raquel Estévez e de Adolfo Garrido, campións galegos do Trail de maratón, quenes participarán na modalidade de 34K.
Xunto eles, estarán tamén o campión galego de montaña longo M40 Amador Pena na proba dos 17K acompañado polos tamén campións autonómicos da mesma modalidade Federico Losada na M45 e Manuel González na M55, ambos inscritos en Canfranc nos 34K.
Completan a relación o dobre campión galego máster de montaña e trail longo Emilio Montilla na M50 sobre os 34K; o campión galego de montaña longo M45 Federico Losada nos 34K e o campión galego en trail longo M55 Juan Manuel González quen sairá sobre a distancia dos 34K
O resto de galegos a galegas presentes serán Enara Fernández; Hugo Rodríguez, Iván Sangiao, Rebeca Mariño, Josefina Riber.