Co remate dos Xogos paralímpicos de París-24, na que os nosos atletas estiveron dando o mellor de si, arrinca practicamente unha nova tempada que como todos os anos traerá novos retos, metas e ilusións.
A nivel de competicións e co calendario tanto RFEA como FGA ainda por definir en moi boa parte, o 2024 deixará interesantes probas na nosa Comunidade. Para comezar o día 18 de xaneiro levarase a cabo o I Meeting Internacional de Ourense de pista curta (antigua pista cuberta) que suporá a segunda ocasión na que un evento internacional se desenvolva na cidade de As Burgas logo da celebración o pasado marzo do Trofeo Ibérico de Probas Combinadas Sub18 e Sub20. Sera, pois, un paso lóxico o levado a cabo nesta instalación, logo de ter superado con gran éxito a disputa de varios campionatos de España entre os que destacan os absolutos dos anos 2020, 2022 e 2024.
Precisamente para os días 15 e 16 de marzo, agárdase que o atletismo galego goce dun novo campionato de España de pista curta, ca celebreción do Estatal Sub16 que xuntará un amplo número de atletas, técnicos, familiares e xuíces.
Ademáis de todo elo, a nivel mundial, as grandes citas deste ano postolimpico serán sen lugar a dúbidas os Campionatos do Mundo tanto de PC como de Aire Libre que se levarán a cabo en Asia. En concreto a cidade chinesa de Nanjing será a encargada de acoller do 21 ao 23 de marzo a edición invernal e Tokyo pola súa banda, exercerá de anfitrión do 13 ao 21 ca edición de aire libre.
A maiores tamén contaremos ca celebración en España do Campionato do Mundo de Trail e Mountain Running en Canfranc para o 25 ao 28 de setembro e o Campionato do Mundo de Ruta do 26 ao 28 do mesmo mes pero en San Diego (USA)