O Comité Galego de Xuíces continúa co seu obxectivo marcado de ampliar e aumentar o número de xuíces ca mirada posta en atender as cada vez máis e numerosas probas atléticas do calendario oficial da FGA.
Para elo ven de organizar para o día 23 de novembro ás 17:00 horas un exame de ascenso á categoría de Xuíz Nivel I con sede ainda por confirmar.
Todas aquelas e aqueles interesados poden dirixirse á súa delegación territorial da FGA para solicitar información ou contactar a través do correo: xuices@atletismo.gal.
- Formulario de inscrición
- Plataforma de pago (ata o 15 de novembro)
- Curso online de balde do CGX
- Biblioteca Virtual do CGX
- Manual de preparación de xuíces de atletismo do CNX
- Circular