Excelente Campionato mundial para as nosas e nosos másters galegos

Un total de oito medallas e oito postos de finalista foi o balance da representación galega nos Campionatos do mundo máster desenvoltos a pasada fin de semana na cidade sueca de Gotemburgo.

Novamente Juan Manuel Morales del Castillo do Marineda lograba voltar con dous novos títulos na M45 desta edición. O marchador coruñés conta desde o ano 2018 as súas intervencións internacionais por triunfos sumando desta vez nada menos, que os títulos de campión do mundo nas probas dos 5K marcha cun tempo de 20:53 e os 10 Km. marcha con 44:32.

Esther Pedrosa na F60 foi novamente a máis premiada das galegas nestes campionatos. A santiaguesa tomaba parte nas probas dos 1.500 m. 5.000 m. e a modalidade de cros, conseguindo en todas elas estar na zona de podio e sumar tres novos bronces ao sea dilatado e exitoso curriculu deportivo.

Ángeles Rodríguez del Rio na F65 foi outra das participantes que colleitou metais nestes mundiais. En concreto a de A Silva foi quen de subir ao podio no terceiro lugar na proba dos 2.000 m. osbtáculos cun rexsitro de 10:13.87 que ademáis representan un novo récord de España da súa categoría. A maiores tomou parte no equipo que lograba o título mundial na modalidade de cros.

O último dos medallistas galegos en Suecia foi Pablo Fervenza na M70. O atleta do Samertolameu, que encabezaba a nosa delegación como o de maior idade, tomou parte en probas tanto a nivel individual como por equipos, modalidade esta última que lle permitiu subir ao podio por dúas veces cun bronce en cros e un ouro na media maraton.

Máis alá dos metais, excelente actuación de Ángeles Ripoll do At. Sada nos 1.500 m. F65 logrando un novo récord galego cun rexistro de 6:14.39. Pola súa banda,  Marcelo Vázquez do At. Ferrol sobre a proba dos 3.000 obstáculos M50 remataba en postos de finalista con 10:59.68 que tamén melloran o anterior tope autonómico.

Compre salientar tamén os postos de finalistas logrados por Miguel Gómez do Celta nos 200 m M40; José Vila do At. Sada nos 1.500 m. M60; Pablo Fervenza do Samertolameu nas probas de 10 Km., Cros e Media maratón M70 e Ángeles Rodríguez de A Silva no cros F65.

Compartir: