Acábase de publicar a resolución das solicitudes de subvención da Orde do 24 de maio de 2024 da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a federacións deportivas de Galicia para o desenvolvemento do Plan Corresponsables a través da realización de actividades de animación sociodeportiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024.
Na resolución das mesmas a Federación Galega de Atletismo figura como unha das vinte e tres federacións galegas beneficiarias por un importe de 64.740 €
En breve ampliarase con máis información.