O segundo campionato de España máis numeroso en canto a participación de atletas galegos despois dos máster, terá lugar esta fin de semana en LLeida.
Ata alí viaxan un total de corenta e nove Sub16 que tomarán parte no seu Campionato de España a onde acuden con moitas posibilidades de medallas e bos resultados.
Entre eles estará tomando parte o plusmarquista de España e líder indiscutible tanto no peso como no disco Hugo Casañas. O atleta do Rías Baixas, a quen por unhas molestias non puido tomar parte no Campionato de Galicia, reparece nen Lleida no que si as condicións fisicas son as normais, estará no alto do podio en ambas modalidades.
Sen abandonar a zona dos lanzamentos, Javier Cid do Ourense Atletismo, será outro dos favoritos desta modalidade quen lidera a nivel de ranking por algo máis dun metro.
Pola súa banda a santiaguesa do S.D. Compostela Paula Fernández, postúlase tamén como unha clara favorita ao título na proba dos 1.500 obstáculos que domina por tempos de maneira clara.
No concurso de peso, novamente serán as líderes do ranking nacional Aitana Capeáns do Rías Baixas e Sara Caamaño da Atlética Barbanza quenes esten pelexando polas dúas primeiras prazas do podio nacional nun concurso con marcado acento galego. Precisamente a atleta do Rías Baixas, poderémola ver novamente lanzando no lanzamento de disco a onde acude ca segunda mellor marca das participantes.
Na velocidade, o plusmarquista galego e subcampión de España indoor Aaron Pérez do ADAS CUPA estará tomando parte nas probas dos 100 m. e da lonxitude con moitas posibilidades de metal ao igual que nos 1.500 obstáculos onde contaremos ca presenza de Pablo Vázquez do Narón e Xoel Franco do Beade.
Atención a participación nos 300 m. da plusmarquista galega Olivia Gutiérrez do A.F. Celta quen xunto a Alba Morales do Marineda na proba de marcha, poderían dar dúas importantes alegrías ao ateltismo galego nestes campionatos de España
A maiores tamén estaremos moi pendentes do que poidan facer entre outros Lois García do Riazor Coruña nos 100 m.; Carmen Paz do At. Noia e Lucía Cando do Polideportivo Lucense nos 600 ,m., Marta Alonso do Riazor Coruña nos 1.000 m; Alejandro Santos do Trega nos 3.000 m; Guillermo Piñeiro da Gimnástica nos 100 valos; Mario Lorenzo do CD la Purísima nos 1.500 obstáculos; Miguel Angel López da Gimnástica en peso; Beltrán Rivas do At. deza en altura; Lydia Valdes do At. Sada e Hugo Novoa do CD la Purísima en martelo; Manuel Eirín do Ourense Atletismo en xavelina; Irene Conde do At. Sada en disco e Natalia González do A.F. Celta nos 3.000 marcha.