As pistas da USC citan aos Sub20

As pistas Universitarias de Santiago serán a sede do Campionato Xunta de Galicia Sub20 que terá lugar esta fin de semana ca participación das mellores especialistas autonómicas.

Entre as mesmas estarán tomando parte as atletas internacionais e líderes do ranking nacional Blanca Pereira do Ourense Atletismo en martelo e Aldara Meilán nos 5.000 marcha.

De igual modo a ourensá Manuela Blanco do Ourense Atletismo estará no listón de pértega encabezando un concurso no que tamén poderemos atopar á plusmarquista de España Xela Martínez da Atlética Lucense quen estará participando na proba dos 3.000 m.

Nos concursos, a medallista nacional do Celta Atletismo Carlota Salgado participa en altura xunto ao campión galego absoluto e o plusmarquista Sub20 de peso Fernando Vallines quenes serán os principais favoritos en sendos concursos. Unai Loureiro do Riazor Coruña en lonxitude será outro dos claro aspirantes ao título autonómico grazas aos seus 7.11 m.

Nas carreiras, o coruñés do Marineda Jorge Vázquez nos 400 valos parte como claro aspirante grazas aos seus 56.25 ao igual que a internacional Alicia Barreiro do Ría Ferrol sobre a proba dos 400 m. na que acredita este ano 55.88

A maiores, serán interesantes as probas de velocidade dos 100 m. ca participación de Mauro Vázquez do Celta Atletismo con 10.90 e de Eloy García do Marineda separado a catro centésimas. Os 400 m. tamen terán unha interesante disputa entre Fabián Parada do Barbanza e Dario Nuñéz do Mazí.

Outro igualado concurso será o de altura entre Diego Martínez do Vila de Cangas e  David Garcia do At. Santiago compartindo mellor marca de 1.87

Por último a internacional subcampioa galega absoluta e plusmarquista autonómica Ainhoa Repáraz, continúa ca súa recuperación que a levarán ata Santiago para tomar parte tanto nos 100 m. como nos 200 m. onde terá na lucense do LUCUS Antía Pernas e na departamental Alicia Barreiro as súas principais opoñentes.

Foto de portada Fotocarlosgrafias

Compartir: